Na ultima reunión feita pola asociación veciñal de Seixo en defensa do Chan de A Brea do pásado 7 de xuño, sacouse en claro que o Goberno de Marín, non lle interesa un poligono industrial/empresarial de futuro, pois NON vai a loitar por un poligono que albergue todas as empresas existentes e as que puderan vir para a nosa vila.
Tanto o Bloque Nacionalista como o Psoe de Marín, non queren esforzarse en conseguir a mellor opción industrial para as empresas de Marín, estan buscando a mais simple e sencilla, pois senón aproveitarian ahora que estan tanto o PSdeg como o propio Bloque no Goberno Galego.
Eles din que o concello non ten capacidade para facer unha grande zoa industrial por temas de alcantarillado, auga "por certo algunhas persoas que estaban na reunión tamen teñen tomadas en Pastoriza e comentaronme que nas suas tomadas o que sobra e auga, e que na zoa a auga sobra" e viales "os do concello non deben saber onde estan ben as zoas que falan pois Pastoriza ten preto a via de domaio enlace co corredor do Morrazo a Vigo, pero bueno", polo tanto estan á procura de minipoligonos de urxencia a todo correr, por elo teñen previsions de facer 2 en principio na comarca tanto o do "Pituco" como o dá Brea cunhas densidades mínimas neste ultimo pois entre a zoa que terian que deixar como urbana aproveitarian 95.000 metros, para despois cos anos intentar que en Pastoriza haixa unha futura zona industrial "palabra de Veiga", tamén falaron de opciós como a de Vista Alegre e os Caños de Ardán. "UN CONSELLO SRES NON DESCARTEDES O CHAN DO CHIRLEU"
Este Goberno Bipartito en Marín vexo que non ten capacidade negociadora ningunha nin tan sequera cos do seu propio goberno na Xunta.
Polo que esta sucedendo e por como levan os temas, penso que nos gobernan persoas con muy poucas aptitudes tanto en negociacios politicas como en benestar para os veciños.
Estan a demostrar que Marín non queren que se esté a altura de cidades tales como Vilagarcia "que seria con quen hay que compararnos", senón que teremos que compararnos con pobos como Poio "a lo sumo", con poligonos como o do Vao que deben de traballara un centenar de persoas tamén tirando xa polo alto.
O que intentan convencer ós veciños e de qué changadas como unha zoa empresarial para albergar unha piscina, e mais o brikoking "que si poida que esten a altura deles" será unha fonte de benestar para o pobo de Seixo, pois na ultima reunión mantida cós representantes veciñais, os do goberno de Marín trataron de convencelos dicindolle que farian un POLIGONO LIGHT, repito POLIGONO LIGHT "palabras textuais polos representantes veciñais", para a zona de Seixo.
Isto é o que hai... SO FALTA DON PIMPOM E ESPINETE, pra convertir isto en Barrio Sesamo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario