lunes, 25 de febrero de 2008

Xestur e o Concello teñen que dar a cara diante dos veciños e explicar claramente que pretenden facer na Brea

O máis chamativo é a defensa que fai o BNG da sua “proposta”. Está defendendo os intereses dos veciños de Marin ou ¿está actuando en función dos seus intereses devolvendo “favores eleitorais”?. Por que non lle explican aos veciños, como voceiros de Xestur que son, o que se vai facer "pois considero que isto xa vai vir todo cociñado por detrás sen dar a cara e que se vai pra diante este organismo vai pargarlles un prezo aos veciños e a vender moito máis alto cando estamos falando de terreos agricolas e de leiras que lindan con vivendas e rios etc..., especulando na práctica cos terreos.
o BNG tamén está gobernando, co PSOE, e non se ben inversións en vivendas sociais, equipamentos, en Marín, canto mais en Seixo "deben pensar que non existimos". Preguntade onde están o Alcalde e o seu partido, o PSOE?. Teñen a habilidade de pasar polo medio dos conflictos que afectan a Marin e non sair nas malas fotos, cando hai problemas. Xestur e o Concello teñen que dar a cara diante dos veciños e explicar claramente que pretenden facer na Brea, e despois escoitar o que di tamen os cidadas afectados e as conseconcias dun poligono no medio de casas e a veira dun rio, mais ainda cando a Consellaria de Urbanismo califica os terreos onde queren construir o parque empresarial como rústico de proteción agropecuaria”, o que deixa ben as claras a permanente división de opinións dos “socios” de goberno na Xunta de Galiza. O goberno municipal ten que dar a coñecer cal é o seu proxecto de futuro para Marin e sen obviar que os de Seixo, tamén o queremos ter.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Quen son os burros que se lle ocurren facer un poligono no medio de casas.

Non hay monte en Galicia, pra facer poligonos.

Pero e que sempre estan no Goberno os mais parvos e mais maleantes.

Anónimo dijo...

Hay que ser borricos.